Unha xornada para pedir PERDÓN

Hoxe venres día 2 de marzo os nenos e nenas do noso colexio, celebraron a xornada do Perdón, nun ambiente de compañeirismo e de reflexión. Con gran gozo e alegría dos diferentes sacerdotes que nos acompañaron xunto cos profesores/as, acolléronos para celebrar a Festa do Perdón neste tempo de Cuaresma. Os nenos/as experimentaron por medio do sacramento da Penitencia a Deus Pai Misericordioso, que nos ama e dános o seu perdón. Ao finalizar os nenos/as recibiron un corazón como sinal de que somos cristiáns, e así poder expresar os nosos sentimentos despois de sentirnos liberados dos nosos pecados.




“Operación Bocata” 6 de febreiro 2018

Como cada ano, o noso centro realiza a campaña “Operación Bocata” en colaboración con Manos Unidas para recadar fondos destinados a proxectos de desenvolvemento no terceiro mundo.
Destacar como dato que España é o país que máis misioneiros envía. Agora mesmo hay máis de 13.000 misioneiros españois anunciando a Xesús e facendo o ben en 130 países.



27 de setembro: Festa da Virxe da Medalla Milagrosa

Hoxe luns 27 de novembro, celebrouse no noso centro a Festa da Virxe da Medalla Milagrosa. Todos os membros da comunidade educativa tivemos oportunidade de poder desfrutar dunha bonita xornada para conmemorar esta data. 

Foron distintos momentos, ao longo do día, nos que todos os nenos e nenas acudiron a capela.

Educación Infantil, Educación Primaria e a ESO, puideron recordar ese 27 de novembro de 1830 no que a Virxe Santísima apareceuse a Santa Catalina Labouré, humilde relixiosa. Estaba vestida de blanco, e das súas mans brotaban raios luminosos que caían sobre a Terra, e así prometeu conceder distintas peticións sempre que se lle pediran con confianza.

Por este motivo, os membros do Colexio Sagrado Corazón de Xesús, de Ribadeo, reunímonos cada 27 de novembro para ofrecer todas as cousas boas que temos nos nosos corazóns.

Que a oración da Medalla Milagrosa non ensine o camiño para que sepamos axudar sempre aos que nos rodean, e nos faga estar atentos para estar ao servizo dos demáis e axudar a todos aqueles que o precisen.

“SE VALIENTE, LA MISIÓN TE ESPERA” DOMUND 2017

O noso centro educativo,como cada ano, participará o próximo 22 de outubro na Xornada Mundial das Misións, é o Domund, unha xornada misioneira na que dun modo especial, a Igrexa universal reza pola misión e os misioneiros e colabora con eles.

O lema do Domund deste ano: “Se valiente, la misión te espera” convida a ser valentes e comprometerse a fondo coa labor misioneira da Igrexa.

“Se valiente”. O papa Francisco convida continuamente a retomar a audacia do Evanxeo. Coraxe e valentía para saír de nós mesmos, para resistir a tentación da incredulidade, para gastarnos polos demáis e polo Reino, para soñar con chegar ao máis apartado recuncho da Terra.

“La misión te espera”. É a hora de ter valor para tomar parte na actividade misioneira da Igrexa. Ata o último confín, sen límites nin fronteiras. Todos estamos chamados á misión. O anuncio do Evanxeo é unha necesidade do crente.